1 de febrero de 2020

Fwd: CREACIÓN DA AULA



AUTOINSTRUCIÓNS, MATEMÁTICAS E EMOCIÓNS

No CEIP Plurilingüe de Atios, decidimos solicitar o Escornabot ao CFR de Vigo, para que o noso alumnado tivese a oportunidade de acceder a outro tipo de materiais. Podendo optar a aprendizaxes máis significativas e vivenciais.
As actividades realizadas leváronse a cabo con alumnos/as de terceiro, cuarto e sexto de educación primaria. Con elas traballamos o seguimento de instrucións, os contidos da área de matemáticas referentes a numeración, operacións básicas, formas xeométricas e as emocións, xa que consideramos fundamental que estas últimas estean presentes na educación, favorecendo deste xeito unha correcta  educación  emocional.
Para realizar a actividade precisamos: dun ordenador, a través do cal elaboramos cada unha das tarxetas coas medidas axeitadas ao Escornabot sendo neste caso de 12X12; De conexión a internet para poder buscar os emoticonos das emocións ou as figuras xeométricas que precisabamos. Ademais precisamos dunha impresora para poder imprimir as tarxetas unha vez realizadas, unhas tesoiras para poder recortar e unha plastificadora para poder protexer as nosas creacións. Cartolina na que debuxamos o noso taboleiro, un plástico para que o Escornabot se desprazase sen problema.
Unha vez decididos os contidos a traballar e como facelo, explicámoslles o proceso aos alumnos/asque se encargarían de realizalo. No primeiro taboleiro quixemos traballar as instrucións polo que elaboramos tarxetas nas que tiveran que facer cousas como chegar a unha forma xeométrica dada polo camiño máis longo o máis curto ou tendo que respectar as indicacións dadas. No segundo taboleiro repasamos contidos matemáticos que eles/as decidiron referentes a descomposición de números, resolución de operación de sumas, restas, multiplicacións ou resolución de problemas,tendo que chegar co Escornabot a celda da resposta. Como último taboleiro elaboramos tarxetas de situacións que se resolvesen cunha emoción, por exemplo como me sinto cando me enfado cun amigo, como me sinto cando saco un dez nun exame... tendo que levar o Escornabot a celda do emoticono que respondese a emoción que cada alumno/a sinte ante dita situación.
Cando tivemos elaboradas todas as tarxetas, imprimímolas coa axuda da mestra e plastificámolas, para finalmente recortalas. Ademais do mencionado anteriormente, traballouse a atención e a psicomotricidade fina. Elaboramos o taboleiro medindo o tamaño de todas as celdas.
Unha vez rematado este proceso chegou o momento de xogar co Escornabot. Colocamos nunha mesa o taboleiro, separamos as tarxetas do que tiñamos que facer das que irían no taboleiro. Logo colocamos as tarxetas resposta no taboleiro ecubrimos por enriba o mesmo cun plástico, evitando deste xeito que ao moverse o Escornabot se movesen as tarxetas. E xa por último, tivemos que programar o robot para chegar a cada unha das celdas de resposta. Para iso lemos a tarxeta, detivémonos a pensar como chegar empregando a mirada e as mans e a continuación pulsando as teclas precisas. Ao primeiro houbo algún que outro erro, verbalizando en que nos equivocaramos ou porque non saíra como esperabamos e incluso dicíndolles uns aos outros/as en que erraran. Foi toda unha experiencia xa que o alumno/a que se equivocaba non sentía a corrección como un ataque senón como unha axuda para realizalo mellor na seguinte quenda. Ao final todos e todas lograron levar o robot á celda correcta, r epasaron conceptos, compartiron aprendizaxes e pasaron uns ratos moi divertidos.

A continuación deixamos enlace ao noso blogue

https://pedrarosadeatios.blogspot.com/2019/11/escornabot.html




----- Rematar mensaxe reenviada -----

Artigo reflexión. Ozobot, Arduino e Makey Makey no CEIP Infante Felipe de Borbón (salvaterra de Miño)

Motivos polos que se decidiu solicitar os robots:
Motivación dos alumnos a aprender: o educador esperta a curiosidade e o interese nos estudantes con proxectos que axuden a estimulalos, a investigar e aprender. Alumnos motivados, equivale a menor fracaso escolar e maior éxito na asimilación de conceptos. Permite traballar conceptos pero ademais a capacidade de abstracción e razoamento lóxico para resolver unha serie de problemas, así como a capacidade manipulativa ao ter que deseñar, montar e estruturaar o propio robot e circuitos.
  1. Promove a creatividade: Aprender a programar en idades temperás ten un impacto positivo no desenvolvemento da creatividade. Os profesores deben expor proxectos para que os alumnos poñan as súas ideas e estratexias en funcionamento e así completar o tema proposto. A creatividade é unha das maiores capacidades que se desenvolve co uso da robótica. Os alumnos poden pór en práctica o que se lles ocorre, fomentando a orixinalidade e a innovación.
  2. Desenvolve a autonomía: Cos proxectos robóticos que se expoñen, os nenos planifican o proxecto, distribúen as tarefas e plasman as súas ideas. O educador tenlles que expor o obxectivo final e mostrar como utilizar de forma adecuada a ferramenta dixital.
  3. Reforza as capacidades sociais: Cando os nenos traballan cos recursos dixitais, se eles non son capaces de resolver un problema, as dúbidas pódenllas liquidar os seus compañeiros de aula, fomentando así a socialización e o compañeirismo. Tamén os proxectos que se propoñan pódense realizar en grupos, inculcando a capacidade para traballar en equipo. Desta forma, debaten entre eles sobre as súas ideas, cooperan e chegan a acordos en común. Sen dúbida, esta habilidade seralles de gran axuda no futuro onde probablemente, na súa vida laboral, terán que traballar en equipo.
  4. Fomenta o espírito crítico: Ao realizar este tipo de proxectos, é habitual que os alumnos atopen obstáculos (como no día a día). Aprender a causa do fallo e solucionalo é parte do proceso de traballar coa robótica. Imprímelles un espírito crítico e tenaz.
  5. Atende á diversidade: Expor proxectos robóticos na educación estimula a todo tipo de estudantes. Aos que lles custa a aprendizaxe ofrécelles novas ferramentas e recursos e aos que están máis avanzados, ábrelles un novo mundo de posibilidades.
ACTIVIDADE 1: "Circuito vial" (Ozobot)
Proceso de realización da actividade:
  1. Busca de información do funcionamento do Ozobot, cómo prendelo e cómo programalo xa que nunca o empregara na miña vida.
  2. Proba da aplicación e montaxe dos diferentes códigos para ver cómo se ensamblan e a interface
  3. Probar o robot co código que foi introducido anteriormente no mesmo para ver cómo se desenvolve no circuito de papel impreso que vén co kit do robot
  4. Deseñar un circuito vial en folios a lapis
  5. Marcar as interseccións con cores para modificar o comportamento do ozobot nas mesmas e nalgúns tramos marcados
  6. Repasar o circuito ancheándoo con rotuladores
  7. Probar o robot no circuito realizado
  8. Reprogramar o robot para corrixir as deficiencias
Posta en práctica e impresións sobre todo o proceso estacando aquilo que sexa salientable e diferenciable de ter feito a actividade sen os dispositvos:
Pareceume bastante complexo de utilizar ao principio pero é moi intuitivo, aínda que a verdade non conseguín imaxinarme outra posible actividade para realizar co mesmo

ACTIVIDADE 2:
"Circuito eléctrico" (Arduino)
Proceso de realización da actividade:
  1. Explicación do funcionamento dunha placa Protoboard no encerado
  2. Detalle dos diferentes compoñentes
  3. Busca e selección da información
  4. Montaxe do cableado na placa
  5. Descarga e instalación do programa S4A para escribir o código de funcionamento da placa
  6. Montaxe do circuito da placa Protoboard
  7. Escritura do código en Scratch no programa anteriormente citado
  8. Probar o circuito xa montado co código creado. Pode verse unha imaxe a continuación

Posta en práctica e impresións sobre todo o proceso estacando aquilo que sexa salientable e diferenciable de ter feito a actividade sen os dispositvos:
Foi unha actividade moi motivadoraa e interesante aínda que lle resultou máis difícil aos nenos montar este circuito e programalo que traballar co mBot e coa aplicación de Makeblock (algo máis sinxela e intuitiva)


ACTIVIDADE 3: "Instrumento musical" (Makey Makey)
Proceso de realización da actividade:
  1. Busca de información do funcionamento e creación de produtos coa placa Makey Makey.
  2. Braainstorming de ideas para realizar unha panxoliña (propia desta época)
  3. Seleccionar unha panxoliña e buscar as notas que a conforman
  4. Montar un circuito empregando a placa e froita que os nenos/as trouxeron de merenda á aula
  5. Elaboración do código para facer soar as diferentes froitas tocando a panxoliña
  6. Solventar os fallos nas conexións ou erros no código que nos impedían que funcionara correctamente o piano
  7. Pensar outras posibles utilidades desta placa
Posta en práctica e impresións sobre todo o proceso estacando aquilo que sexa salientable e diferenciable de ter feito a actividade sen os dispositvos:
É unha actividade moitísimo máis motivadora que descagar unha canción ou tocala cun instrumento. Ademais, un pode ver comos os diferentes alimentos son conductores e podemos facer non só pianos, senón teclados ou mesmo maquetas que prendan diferentes luces ao tocarlle a diferentes alimentos ou outros obxectos condutores





Creación de aula e proceso da mesma. Photospeak e Thinglink no CEIP Infante Felipe de Borbón (salvaterra de Miño)

ACTIVIDADE 1
Título: "Avatares de mulleres científicas"

Grupo docente que realiza a actividade: 6º de educación primaria (2º ciclo)
CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón

Contidos curriculares e competencias traballadas:
  1. Consulta diferentes fontes bibliográficas e textos de soporte informático para obter datos e información para realizar traballos individuais ou en grupo
  2. Escribe, en diferentes soportes, textos propios do ámbito da vida cotiá, do ámbito escolar e social: diarios, cartas, correos electrónicos, noticias, textos literarios, folletos informativos, e literarios, narracións, textos científicos, anuncios publicitarios, regulamentos, receitas, instrucións, normas, solicitudes, ....
  3. Utilizar os medios tecnolóxicos de modo habitual no proceso de aprendizaxe, buscando, analizando e seleccionar información relevante en internet ou en outras fontes elaborando documentos propios, facendo exposicións
  4. Crea biografías de personaxes, traballando a expresión escrita e posteriormente a expresión oral así como a velocidade lectora
  5. Busca e selección de información utilizando as tecnoloxías da información e a comunicación e outras fontes (directas e indirectas)...
  6. Manifesta autonomía na planificación e execución de accións e tarefas, ten iniciativa na toma de decisións e asume responsabilidades.
  7. Realizar un traballo de investigación que supoña a busca, selección e organización de información sobre a área (empregando as TIC e outras fontes), a realización dun produto, a documentación do proceso (a través do uso do cartafol) e a comunicación do resultados, valorando o esforzo e amosando actitudes de cooperación, participación e respecto.
  8. Desenvolver actitudes en cooperación e de traballo en equipo, así como o hábito de asumir novos roles nunha sociedade en continuo cambio.
Comunicación en comunicación lingüística:
Expresión escrita e expresión oral
Competencia en ciencia e tecnoloxía:
Busca e selección de mulleres científicas e avances das mesmas. relacionado coa semana da ciencia e o importante papel da muller
Competencia dixital e tratamento da información:
Busca e selección de información e creación dun produto
Competencia de aprender a aprender:
Pensaar novos xeitos de crear produtos novo e solventar problemas que xorden no desenvolvemento da actividade
Competencia social e cívica:
Colaboración co compañeiros/as e axuda ante as dificultades.
Competencia en sentido de iniciativa e espírito emprendedor:
Buscar novos xeitos de levar a cabo o traballo, de presentar as actividades...
Competencia en conciencia e expresión cultural:
Analizar a nosa cultura, valorar e descubrir personaxes de especial importancia preto de nós (no noso país neste caso)

Aplicación utlizada:
Nome: PhotoSpeak: 3D Talking Photo
Imaxe:

Proceso da actividade:
Aproveitando a semana da ciencia e que, no ámbito científico, os nenos/as coñecen moi poucos especialmente mulleres (só a Curie) decidiuse traballar a biografía de científicos, especialmente mulleres.
Primeira fase:
Busca de información de científicas importantes, centrándonos principalmente e España para que observen que non fai falla irse moi lonxe.
Segunda fase:
Selección e estruturación da información, así como un breve resumo da mesma.
Terceira fase:
Aprender o manexo de ferramentas web como OpenTrad para traducir ao galego a información creada.
Cuarta fase:
Revisión da tradución porque sempre comete bastantes erros.
Quinta fase:
Convertir dita información a biografía como se falase a personaxe e procurar que sexa dinámica e amena.
Sexta fase:
Seleccionar a imaxe da cara dunha persoa procurando que sexa de frente e elixindo aquela que poida ser utilizada (sen copyright) usando as ferramentas de Google.
Sétima fase:
Ensaiar o texto a falar léndoo varias veces practicando a lectura para que sexa máis crible que fala a propia personaxe a súa vida.
Oitava fase:
Traballar a motricidade para colocar as guías da boca e do ollos axustándoos a imaxe e grabando o texto.
Novena fase:
Grabar a biografía e gardar

Creación realizada:
Avatares de científicas españolas e científicos tamén que nos fan unha pequena reseña autobiográfica de sí mesmos, comentándonos os seus principais logros


ACTIVIDADE 2:
Título: "Mapas europeos que falan"

Grupo docente que realiza a actividade: 6º de educación primaria (2º ciclo)
CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón

Contidos curriculares e competencias traballadas:
  1. Integración de coñecementos e de informacións procedentes de diferentes soportes para aprender, comparando, clasificando, identifi-cando e interpretando con especial atención aos datos que se transmi-ten mediante gráficos, esquemas e ilustracións
  2. Explica as características dos principais países de Europa valorando a súa diversidade
  3. Aproximación a algunhas características significativas dos países europeos a través dun proxecto cooperativo.
  4. Consulta diferentes fontes bibliográficas e textos de soporte informático para obter datos e información para realizar traballos individuais ou en grupo.
  5. Escribe, en diferentes soportes, textos propios do ámbito da vida cotiá, do ámbito escolar e social: diarios, cartas, correos electrónicos, noticias, textos literarios, folletos informativos, e literarios, narracións, textos científicos, anuncios publicitarios, regulamentos, receitas, instrucións, normas, solicitudes, ....
  6. Utiliza os medios tecnolóxicos de modo habitual no proceso de aprendizaxe, buscando, analizando e seleccionar información relevante en internet ou en outras fontes elaborando documentos propios, facendo exposicións.
  7. Busca e selección de información utilizando as tecnoloxías da información e a comunicación e outras fontes (directas e indirectas)...
  8. Manifesta autonomía na planificación e execución de accións e tarefas, ten iniciativa na toma de decisións e asume responsabilidades.
  9. Realiza un traballo de investigación que supoña a busca, selección e organización de información sobre a área (empregando as TIC e outras fontes), a realización dun produto, a documentación do proceso (a través do uso do cartafol) e a comunicación do resultados, valorando o esforzo e amosando actitudes de cooperación, participación e respecto.
  10. Desenvolve actitudes en cooperación e de traballo en equipo, así como o hábito de asumir novos roles nunha sociedade en continuo cambio.

Comunicación en comunicación lingüística:
Expresión escrita (lectura da información e ecritura na aplicación)
Competencia en ciencia e tecnoloxía:
Busca e selección de informacción dos diferentes países
Competencia dixital e tratamento da información:
Busca e selección de información e creación dun produto
Competencia de aprender a aprender:
Pensaar novos xeitos de crear produtos novo e solventar problemas que xorden no desenvolvemento da actividade
Competencia social e cívica:
Colaboración co compañeiros/as e axuda ante as dificultades.
Competencia en sentido de iniciativa e espírito emprendedor:
Buscar novos xeitos de levar a cabo o traballo, de presentar as actividades...
Competencia en conciencia e expresión cultural:
Analizar a nosa cultura, valorar e descubrir personaxes de especial importancia preto de nós (no noso país neste caso)

Aplicación utlizada:
Nome: Thinglink
Imaxe:

Proceso da actividade:
Fase 1:
Reflexión mediante brainstorming e mapas conceptuais do que se pode saber dun país (Simple Minds):
Fase 2:
Busca e selección da información
Fase 3:
Resumo da información obtida
Fase 4:
Creación de Photospeak de 2 personaxes importantes de cada país.
Fase 5:
Selección de imaxes sen dereitos de autor empregando as ferramentas de google para insertar a información
Fase 6:
Crear a imaxe interactiva e cambiar as iconas procurando que teñan que ver coa información que amosan.
Fase 7:
Repasar a imaxe dinámica procurando que todo estea correcto e gardala

Creación realizada:
Mapas interactivos de Europa coa súa capital, extensión idioma, fronteiras, peronaxe importantes, monumentos, gastronomía...
Posterior subida ao blogue de aula

Creación de aula e proceso da mesma. Ozobot, Arduino e Makey Makey no CEIP Infante Felipe de Borbón (salvaterra de Miño)

ACTIVIDADE 1
Título: "Circuito vial" (Ozobot)

Grupo docente que realiza a actividade: 6º de educación primaria (2º ciclo)
CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón

Contidos curriculares e competencias traballadas:
  1. Consulta diferentes fontes bibliográficas e textos de soporte informático para obter datos e información para realizar traballos individuais ou en grupo
  2. Escribe, en diferentes soportes, textos propios do ámbito da vida cotiá, do ámbito escolar e social: diarios, cartas, correos electrónicos, noticias, textos literarios, folletos informativos, e literarios, narracións, textos científicos, anuncios publicitarios, regulamentos, receitas, instrucións, normas, solicitudes, ....
  3. Busca, selecciona e organiza infor-mación concreta e relevante, analízaa, obtén conclusións, elabora informes para o rexistro de plan de traballo e comunica, de forma oral e escrita, as conclusións.
  4. Expresa oralmente e por escrito, de forma clara e ordenada contidos relacionados coa área manifestando a comprensión de textos orais e/ou escritos.
  5. Manifesta autonomía na planifica-ción e execución de accións e tarefas e ten iniciativa na toma de decisións, identificando os criterios e as consecuencias das decisións tomadas
  6. Utiliza estratexias para estudar e traballar de forma eficaz, individualmente e en equipo, amosando habilidades para a resolu-ción pacífica de conflitos.
  7. Coñece e emprega as normas de uso e de seguridade dos instrumentos, dos materiais de traballo e das tecnoloxías da in-formación e comunicación.
  8.   Realiza proxectos, experiencias sinxelas e pequenas investigacións formulando problemas, enunciando hipóteses, seleccionando o material necesario, realizando, extra-endo conclusións e comunicando os resulta-dos.
  9. Investiga a través da realización de experiencias sinxelas para achegarse ao coñecemento das leis básicas que rexen fenómenos como a reflexión da luz, a transmisión da corrente eléctrica e os cambios de estado.
  10. Identifica e explica algunhas das principais características das diferentes formas de enerxía: mecánica, lumínica, sonora, eléctrica, térmica e química.
  11. Presenta conclusións de procesos de investigación, experiencias sinxelas ou proxectos sobre diferentes fenómenos físicos e químicos da materia, en diferentes soportes.
  12. Utiliza estratexias para realizar traballos de forma individual e en equipo, e amosa habilidades para a resolución pacífica de conflitos.
  13. Participa en actividades de grupo adoptando un comportamento responsable, construtivo e solidario e respecta os principios básicos do funcionamento democrático.
  14. Amosa actitudes de confianza en si mesmo/a, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese, creatividade na aprendi-zaxe e espírito emprendedor que o fan activo ante as circunstancias que lle rodean.
  15. Manifesta autonomía na planificación e execución de accións e tarefas e ten iniciativa na toma de decisións.
  16. Desenvolve a creatividade e valora a capacidade emprendedora dos membros dunha sociedade.
  17. Emprega a lingua oral e axusta os rexistros lingüísticos segundo o grao de formalidade e a finalidade (académica, social e lúdica)
  18. Aplica as normas sociocomunicativas: escoita atenta, espera de quendas participación respectuosa, adecuación á intervención da persoa interlocutora, papel de persoa mo-deradora e certas normas de cortesía.
  19. Expresa as súas propias ideas comprensiblemente, substituíndo elementos sicos do modelo dado.
  20. Participa activamente e de forma construtiva nas tarefas de aula, cooperando en situación de aprendizaxe compartida.
  21. Comprende a información contida nos gráficos, establecendo relacións coa in-formación que aparece no texto relacionada con estes
  22. Aplica correctamente os signos de puntuación, as regras de acentuación e ortográficas propias do nivel.
  23. Planifica e redacta textos seguindo uns pasos: planificación, redacción, revisión e mellora.
  24. Elabora informes sobre o proceso de investigación realizado, expoñendo as fases do mesmo, valorando os resultados e as con-clusións obtidas.
  25. Elabora conxecturas e busca argu-mentos que as validen ou as refuten, en situa-cións a resolver, en contextos numéricos, xeométricos ou funcionais
  26. Propón a resolución de retos e problemas coa precisión, co esmero e co interese apropiado ao nivel educativo e a dificultade da situación.
  27. Desenvolve e aplica estratexias de razoamento (clasificación, recoñecemento das relacións, uso de exemplos contrarios) para crear e investigar conxecturas e construír e defender argumentos.
  28. Reflexiona sobre os problemas re-soltos e os procesos desenvoltos, valorando as ideas claves, aprendendo para situacións futu-ras similares.
  29. Realiza un proxecto, elabora e pre-senta un informe creando documentos dixitais propios (texto, presentación, imaxe, vídeo, son...), buscando, analizando e seleccionando a información relevante, utilizando a ferramen-ta tecnolóxica axeitada e compartindo cos seus compañeiros.
  30. Resolve problemas que impliquen o dominio dos contidos traballados, empregando estratexias heurísticas, de razoamento (clasifi-cación, recoñecemento das relacións, uso de exemplos contrarios), creando conxecturas, construíndo, argumentando e tomando deci-sións, valorando as súas consecuencias e a conveniencia do seu uso. 7
  31. Reflexiona sobre o procedemento aplicado á resolución de problemas: revisando as operacións empregadas, as unidades dos resultados, comprobando e interpretando as solucións no contexto e buscando outras formas de resolvelo.
  32. Explica de forma oral e por escrito os procesos seguidos e as estratexias utilizadas en todos os procedementos realizados.
  33. Utilizar os medios tecnolóxicos de modo habitual no proceso de aprendizaxe, buscando, analizando e seleccionar información relevante en internet ou en outras fontes elaborando documentos propios, facendo exposicións
  34. Crea biografías de personaxes, traballando a expresión escrita e posteriormente a expresión oral así como a velocidade lectora
  35. Busca e selección de información utilizando as tecnoloxías da información e a comunicación e outras fontes (directas e indirectas)...
  36. Manifesta autonomía na planificación e execución de accións e tarefas, ten iniciativa na toma de decisións e asume responsabilidades.
  37. Realizar un traballo de investigación que supoña a busca, selección e organización de información sobre a área (empregando as TIC e outras fontes), a realización dun produto, a documentación do proceso (a través do uso do cartafol) e a comunicación do resultados, valorando o esforzo e amosando actitudes de cooperación, participación e respecto.
  38. Desenvolver actitudes en cooperación e de traballo en equipo, así como o hábito de asumir novos roles nunha sociedade en continuo cambio.
Comunicación en comunicación lingüística:
Expresión escrita (linguaxe de programación) e expresión oral (razonamentos cos compañeiros/as)
Competencia en ciencia e tecnoloxía:
Deseño dun circuito de educación vial mediante códigos de cores e programación con Arduino e Scratch
Competencia dixital e tratamento da información:
Busca e selección de información e creación dun produto para ver ideas ou consultar dúbidas
Competencia de aprender a aprender:
Pensar novos xeitos de crear produtos novo e solventar problemas que xorden no desenvolvemento da actividade
Competencia social e cívica:
Colaboración co compañeiros/as e axuda ante as dificultades.
Competencia en sentido de iniciativa e espírito emprendedor:
Buscar novos xeitos de levar a cabo o traballo, de presentar as actividades...
Competencia en conciencia e expresión cultural:
Analizar a nosa cultura, valorar e descubrir as nosas cidades, o noso xeito de conducir ou circular polas rúas...

Aplicación utlizada:
Nome: Ozobot
Imaxe:

Proceso da actividade:
Dados os continuos accidentes de tráfico, atropelos e mesmo mortes recentes rexistradas nos xornais durante os últimos días, decidimos crear un circuito de educación vial.
Primeira fase:
Busca de información de problemas viais nos diferentes medios.
Segunda fase:
Selección dos temas máis habituais.
Terceira fase:
Deseño dun circuito vial dunha cidade a lapis.
Cuarta fase:
Modificar aas interseccións con sinais e as cores precisas para que o ozobot interactúe
Quinta fase:
Repasar o circuito cun rotulador correctamente e unha anchura axeitada
Sexta fase:
Facer unha proba do circuito
Sétima fase:
Analizar os problemas acaecidos que ben poden ter que ver co código ou coas luces e sombras
Oitava fase:
Corrixir os problemas anteriores
Novena fase:
Presentar o circuito rematado

Creación realizada:
Circuito vial con estradas de dobre sentido, de dirección prohibida, estradas con zigzag e mesmo rotondas

ACTIVIDADE 2:
Título: "Circuito eléctrico" (Arduino)

Grupo docente que realiza a actividade: 6º de educación primaria (2º ciclo)
CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón

Contidos curriculares e competencias traballadas:
  1. Consulta diferentes fontes bibliográficas e textos de soporte informático para obter datos e información para realizar traballos individuais ou en grupo
  2. Escribe, en diferentes soportes, textos propios do ámbito da vida cotiá, do ámbito escolar e social: diarios, cartas, correos electrónicos, noticias, textos literarios, folletos informativos, e literarios, narracións, textos científicos, anuncios publicitarios, regulamentos, receitas, instrucións, normas, solicitudes, ....
  3. Busca, selecciona e organiza información concreta e relevante, analízaa, obtén conclusións, elabora informes para o rexistro de plan de traballo e comunica, de forma oral e escrita, as conclusións.
  4. Expresa oralmente e por escrito, de forma clara e ordenada contidos relacionados coa área manifestando a comprensión de tex-tos orais e/ou escritos.
  5. Manifesta autonomía na planificación e execución de accións e tarefas e ten iniciativa na toma de decisións, identificando os criterios e as consecuencias das decisións tomadas
  6. Utiliza estratexias para estudar e traballar de forma eficaz, individualmente e en equipo, amosando habilidades para a resolu-ción pacífica de conflitos.
  7. Coñece e emprega as normas de uso e de seguridade dos instrumentos, dos materiais de traballo e das tecnoloxías da información e comunicación.
  8.   Realiza proxectos, experiencias sinxelas e pequenas investigacións formulando problemas, enunciando hipóteses, seleccio-nando o material necesario, realizando, extraendo conclusións e comunicando os resulta-dos.
  9. Investiga a través da realización de experiencias sinxelas para achegarse ao coñecemento das leis básicas que rexen fenóme-nos como a reflexión da luz, a transmisión da corrente eléctrica e os cambios de estado.
  10. Identifica e explica algunhas das principais características das diferentes formas de enerxía: mecánica, lumínica, sonora, eléc-trica, térmica e química.
  11. Presenta conclusións de procesos de investigación, experiencias sinxelas ou proxectos sobre diferentes fenómenos físicos e químicos da materia, en diferentes soportes
  12. Utiliza estratexias para realizar traballos de forma individual e en equipo, e amo-sa habilidades para a resolución pacífica de conflitos.
  13. Participa en actividades de grupo adoptando un comportamento responsable, construtivo e solidario e respecta os principios básicos do funcionamento democrático.
  14. Amosa actitudes de confianza en si mesmo/a, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese, creatividade na aprendi-zaxe e espírito emprendedor que o fan activo ante as circunstancias que lle rodean.
  15. Manifesta autonomía na planificación e execución de accións e tarefas e ten iniciativa na toma de decisións.
  16. Desenvolve a creatividade e valora a capacidade emprendedora dos membros dunha sociedade.
  17. Emprega a lingua oral e axusta os rexistros lingüísticos segundo o grao de forma-lidade e a finalidade (académica, social e lúdica)
  18. Aplica as normas sociocomunicati-vas: escoita atenta, espera de quendas participación respectuosa, adecuación á intervención da persoa interlocutora, papel de persoa mo-deradora e certas normas de cortesía.
  19. Expresa as súas propias ideas comprensiblemente, substituíndo elementos sicos do modelo dado.
  20. Participa activamente e de forma construtiva nas tarefas de aula, cooperando en situación de aprendizaxe compartida.
  21. Comprende a información contida nos gráficos, establecendo relacións coa in-formación que aparece no texto relacionada con estes
  22. Aplica correctamente os signos de puntuación, as regras de acentuación e ortográficas propias do nivel.
  23. Planifica e redacta textos seguindo uns pasos: planificación, redacción, revisión e mellora.
  24. Elabora informes sobre o proceso de investigación realizado, expoñendo as fases do mesmo, valorando os resultados e as conclusións obtidas.
  25. Elabora conxecturas e busca argu-mentos que as validen ou as refuten, en situa-cións a resolver, en contextos numéricos, xeométricos ou funcionais
  26. Propón a resolución de retos e pro-blemas coa precisión, co esmero e co interese apropiado ao nivel educativo e a dificultade da situación.
  27. Desenvolve e aplica estratexias de razoamento (clasificación, recoñecemento das relacións, uso de exemplos contrarios) para crear e investigar conxecturas e construír e defender argumentos.
  28. Reflexiona sobre os problemas resoltos e os procesos desenvoltos, valorando as ideas claves, aprendendo para situacións futu-ras similares.
  29. Realiza un proxecto, elabora e pre-senta un informe creando documentos dixitais propios (texto, presentación, imaxe, vídeo, son...), buscando, analizando e seleccionando a información relevante, utilizando a ferramen-ta tecnolóxica axeitada e compartindo cos seus compañeiros.
  30. Resolve problemas que impliquen o dominio dos contidos traballados, empregando estratexias heurísticas, de razoamento (clasifi-cación, recoñecemento das relacións, uso de exemplos contrarios), creando conxecturas, construíndo, argumentando e tomando decisións, valorando as súas consecuencias e a conveniencia do seu uso.
  31. Reflexiona sobre o procedemento aplicado á resolución de problemas: revisando as operacións empregadas, as unidades dos resultados, comprobando e interpretando as solucións no contexto e buscando outras formas de resolvelo.
  32. Explica de forma oral e por escrito os procesos seguidos e as estratexias utiliza-das en todos os procedementos realizados.
  33. Utilizar os medios tecnolóxicos de modo habitual no proceso de aprendizaxe, buscando, analizando e seleccionar información relevante en internet ou en outras fontes elaborando documentos propios, facendo exposicións
  34. Crea biografías de personaxes, traballando a expresión escrita e posteriormente a expresión oral así como a velocidade lectora
  35. Busca e selección de información utilizando as tecnoloxías da información e a comunicación e outras fontes (directas e indirectas)...
  36. Manifesta autonomía na planificación e execución de accións e tarefas, ten iniciativa na toma de decisións e asume responsabilidades.
  37. Realizar un traballo de investigación que supoña a busca, selección e organización de información sobre a área (empregando as TIC e outras fontes), a realización dun produto, a documentación do proceso (a través do uso do cartafol) e a comunicación do resultados, valorando o esforzo e amosando actitudes de cooperación, participación e respecto.
  38. Desenvolver actitudes en cooperación e de traballo en equipo, así como o hábito de asumir novos roles nunha sociedade en continuo cambio.

Comunicación en comunicación lingüística:
Expresión escrita (escritura do código e revisión)
Competencia en ciencia e tecnoloxía:
Deseño dun circuito eléctrico cunha placa Arduino UNO
Competencia dixital e tratamento da información:
Busca e selección de información para realizar o proxecto
Competencia de aprender a aprender:
Pensar novos xeitos de crear produtos novo e solventar problemas que xorden no desenvolvemento da actividade
Competencia social e cívica:
Colaboración co compañeiros/as e axuda ante as dificultades.
Competencia en sentido de iniciativa e espírito emprendedor:
Buscar novos xeitos de levar a cabo o traballo, de presentar as actividades...
Competencia en conciencia e expresión cultural:
Uso sostible da enerxía

Aplicación utlizada:
Nome: Arduino UNO
Imaxe:
Enlace de descarga: http://s4a.cat/index_es.html

Proceso da actividade:
Fase 1:
Buscar información sobre a realización dun circuito
Fase 2:
Selección dos compoñentes necesarios
Fase 3:
Montaxe do circuito básico
Fase 4:
Conexión dos cables para recibir alimentación da placa Arduino UNO
Fase 5:
Instalar o programa S4A
Fase 6:
Escribir o código para que os leds se prendan ao presionar o pulsador
Fase 7:
Comprobar que funciona

Creación realizada:
Circuito eléctrico cun pulsador e 2 leds


ACTIVIDADE 3:
Título:  "Instrumento musical" (Makey Makey)

Grupo docente que realiza a actividade: 6º de educación primaria (2º ciclo)
CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón

Contidos curriculares e competencias traballadas:
  1. Consulta diferentes fontes bibliográficas e textos de soporte informático para obter datos e información para realizar traballos individuais ou en grupo
  2. Escribe, en diferentes soportes, textos propios do ámbito da vida cotiá, do ámbito escolar e social: diarios, cartas, correos electrónicos, noticias, textos literarios, folletos informativos, e literarios, narracións, textos científicos, anuncios publicitarios, regulamentos, receitas, instrucións, normas, solicitudes, ....
  3. Busca, selecciona e organiza infor-mación concreta e relevante, analízaa, obtén conclusións, elabora informes para o rexistro de plan de traballo e comunica, de forma oral e escrita, as conclusións.
  4. Expresa oralmente e por escrito, de forma clara e ordenada contidos relacionados coa área manifestando a comprensión de textos orais e/ou escritos.
  5. Manifesta autonomía na planificación e execución de accións e tarefas e ten iniciativa na toma de decisións, identificando os criterios e as consecuencias das decisións tomadas
  6. Utiliza estratexias para estudar e traballar de forma eficaz, individualmente e en equipo, amosando habilidades para a resolu-ción pacífica de conflitos.
  7. Coñece e emprega as normas de uso e de seguridade dos instrumentos, dos materiais de traballo e das tecnoloxías da información e comunicación.
  8. Realiza proxectos, experiencias sinxelas e pequenas investigacións formulando problemas, enunciando hipóteses, seleccionando o material necesario, realizando, extra-endo conclusións e comunicando os resultados.
  9. Investiga a través da realización de experiencias sinxelas para achegarse ao coñecemento das leis básicas que rexen fenóme-nos como a reflexión da luz, a transmisión da corrente eléctrica e os cambios de estado.
  10. Identifica e explica algunhas das principais características das diferentes formas de enerxía: mecánica, lumínica, sonora, eléctrica, térmica e química.
  11. Presenta conclusións de procesos de investigación, experiencias sinxelas ou proxectos sobre diferentes fenómenos físicos e químicos da materia, en diferentes soportes.
  12. Utiliza estratexias para realizar traballos de forma individual e en equipo, e amo-sa habilidades para a resolución pacífica de conflitos.
  13. Participa en actividades de grupo adoptando un comportamento responsable, construtivo e solidario e respecta os principios básicos do funcionamento democrático.
  14. Amosa actitudes de confianza en si mesmo/a, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese, creatividade na aprendizaxe e espírito emprendedor que o fan activo ante as circunstancias que lle rodean.
  15. Manifesta autonomía na planifica-ción e execución de accións e tarefas e ten iniciativa na toma de decisións.
  16. Desenvolve a creatividade e valora a capacidade emprendedora dos membros dunha sociedade.
  17. Emprega a lingua oral e axusta os rexistros lingüísticos segundo o grao de formalidade e a finalidade (académica, social e lúdica)
  18. Aplica as normas sociocomunicativas: escoita atenta, espera de quendas participación respectuosa, adecuación á intervención da persoa interlocutora, papel de persoa mo-deradora e certas normas de cortesía.
  19. Expresa as súas propias ideas comprensiblemente, substituíndo elementos sicos do modelo dado.
  20. Participa activamente e de forma construtiva nas tarefas de aula, cooperando en situación de aprendizaxe compartida.
  21. Comprende a información contida nos gráficos, establecendo relacións coa in-formación que aparece no texto relacionada con estes
  22. Aplica correctamente os signos de puntuación, as regras de acentuación e ortográficas propias do nivel.
  23. Planifica e redacta textos seguindo uns pasos: planificación, redacción, revisión e mellora.
  24. Elabora informes sobre o proceso de investigación realizado, expoñendo as fases do mesmo, valorando os resultados e as con-clusións obtidas.
  25. Elabora conxecturas e busca argumentos que as validen ou as refuten, en situacións a resolver, en contextos numéricos, xeométricos ou funcionais
  26. Propón a resolución de retos e problemas coa precisión, co esmero e co interese apropiado ao nivel educativo e a dificultade da situación.
  27. Desenvolve e aplica estratexias de razoamento (clasificación, recoñecemento das relacións, uso de exemplos contrarios) para crear e investigar conxecturas e construír e defender argumentos.
  28. Reflexiona sobre os problemas resoltos e os procesos desenvoltos, valorando as ideas claves, aprendendo para situacións futu-ras similares.
  29. Realiza un proxecto, elabora e pre-senta un informe creando documentos dixitais propios (texto, presentación, imaxe, vídeo, son...), buscando, analizando e seleccionando a información relevante, utilizando a ferramen-ta tecnolóxica axeitada e compartindo cos seus compañeiros.
  30. Resolve problemas que impliquen o dominio dos contidos traballados, empregando estratexias heurísticas, de razoamento (clasificación, recoñecemento das relacións, uso de exemplos contrarios), creando conxecturas, construíndo, argumentando e tomando deci-sións, valorando as súas consecuencias e a conveniencia do seu uso. 7
  31. Reflexiona sobre o procedemento aplicado á resolución de problemas: revisando as operacións empregadas, as unidades dos resultados, comprobando e interpretando as solucións no contexto e buscando outras for-mas de resolvelo.
  32. Explica de forma oral e por escrito os procesos seguidos e as estratexias utilizadas en todos os procedementos realizados.
  33. Utilizar os medios tecnolóxicos de modo habitual no proceso de aprendizaxe, buscando, analizando e seleccionar información relevante en internet ou en outras fontes elaborando documentos propios, facendo exposicións
  34. Crea biografías de personaxes, traballando a expresión escrita e posteriormente a expresión oral así como a velocidade lectora
  35. Busca e selección de información utilizando as tecnoloxías da información e a comunicación e outras fontes (directas e indirectas)...
  36. Manifesta autonomía na planificación e execución de accións e tarefas, ten iniciativa na toma de decisións e asume responsabilidades.
  37. Realizar un traballo de investigación que supoña a busca, selección e organización de información sobre a área (empregando as TIC e outras fontes), a realización dun produto, a documentación do proceso (a través do uso do cartafol) e a comunicación do resultados, valorando o esforzo e amosando actitudes de cooperación, participación e respecto.
  38. Desenvolver actitudes en cooperación e de traballo en equipo, así como o hábito de asumir novos roles nunha sociedade en continuo cambio.

Comunicación en comunicación lingüística:
Expresión escrita (lectura da información e ecritura na aplicación)
Competencia en ciencia e tecnoloxía:
Busca e selección de información sobre a construcción dun piano
Competencia dixital e tratamento da información:
Busca e selección de información e creación dun produto
Competencia de aprender a aprender:
Pensar novos xeitos de crear produtos novo e solventar problemas que xorden no desenvolvemento da actividade
Competencia social e cívica:
Colaboración cos compañeiros/as e axuda ante as dificultades.
Competencia en sentido de iniciativa e espírito emprendedor:
Buscar novos xeitos de levar a cabo o traballo, de presentar as actividades...
Competencia en conciencia e expresión cultural:
Valorar a música como parte da nosa vida

Aplicación utlizada:
Nome: Makey Makey
Imaxe:
Enlace de descarga: https://scratch.mit.edu/

Proceso da actividade:
Fase 1:
Deseño do piano en papel
Fase 2:
Busca e selección da información de cómo realizar a práctica
Fase 3:
Montaxe do cableado
Fase 4:
Configuración dos diferentes pines mediante a linguaxe de programación en Scratch
Fase 5:
Probar o funcionamento correcto do piano feito con froitas traídas polo alumnado á aula
Fase 6:
Pensar outras futuras aplicacións desta placa


Creación realizada:
Piano musical feito con froitas