13 de febrero de 2017

Libro de pareados en infantil

Os nenos de infantil elaboraron un pequeno libro de pareados que crearon, 
editaron e ilustraron de maneira conxunta as tres aulas do ciclo. 
Tratouse dun traballo colaborativo e moi interesante. 
Iniciamos este pequeno proxecto levando a aula libros de RA 
que eles puideron manipular e xogar cas súas actividades

Logo crearon eles rimas 
a partir de palabras relacionadas co proxecto dos “Científicos”
 unha vez que tiñan os pareados transcribímolos
 e posteriormente comezamos a ilustrar as páxinas.


Unha ve feito todo este traballo, gravamos os nosos pequenos poemas e pareados ca App AutoRap;


Enlace de descarga premendo na imaxe


Esta App axudounos gravar rimas un pouco más complexas e longas por parte dos alumnos de 3 e 4 anos, con ela cada neno ou parella tiña que dicir unha parte do poema tendo ao final un gran poema colectivo. Cos alumnos de 5 anos gravámos os seus pareados  ca aplicación de cámara do Ipad Imovie.
Unha vez feito todo isto enlazamos as páxinas a un video a través da App Aurasma, creando o noso propio libro de Realidade Aumentada que logo ao final de curso cada neno levará a súa casa


A lupa from Ana Pérez on Vimeo.
O científico from Ana Pérez on Vimeo.

10 de febrero de 2017

As tablets chegaron á escola


O día  12 de Decembro a profe de Ciencias chegou á nosa clase (5ºA) cunha maleta. Cal foi a nosa sorpresa, cando de dentro sacou 5 tablets. A profe explicounos que iamos traballar con elas en clase, pero claro, eran 5 as tablets e nós 21.

Que iamos facer? Como nos iamos organizar?

Para a nosa sorpresa, non foi eso o que nos preguntou a profe. A súa pregunta foi: "Que credes vós que podemos facer con estas tablets na clase de ciencias? Como as podemos utilizar? Seremos quen de darlle alguna utilidade?" – e tamén- "Cantos tedes ordenador, tablet, portátil, … na casa?", "Cantos podedes utilizar esos equipos?", "Que facedes cando os utilizades?, "Que aplicacións ou programas usades?". Vamos una enquisa en toda regra.




E despois de pensar un pouquiño, ….. "INVESTIGAR" – Foi a nosa resposta. Que é o que máis e mellor facemos. Na aula, nos libros da nosa biblioteca científica , na aula de informática, por que non temos ordenador na aula, …
Algúns tamén dixeron: "Utilizalas nos recunchos" "Nos traballos en equipo", … e outros: "Para xogar, que tamén hai xogos científicos".



Vamos, que de repente tiñamos unha chea de posibilidades diante nosa e moi pouco tempo para levalas a cabo. Pero, ...poderemos levar a cabo todo esto?



Despois de valorar as infinitas posibilidades dos recursos que tiñamos nas nosas mans, vendo o escaso tempo de que dispuñamos, o momento do trimestre (final) e a inexperiencia co material, decidimos orientar o traballo coas tablets básicamente á búsqueda información, traballo en rede, xogos de repaso, …
  • Comezamos por complementar a investigación sobre a webquest que estábamos a realizar: Os Ecosistemas.
  • Continuamos co traballo de edición e búsqueda de información científica e novas para o noso blog: O noso recuncho da Ciencia
  • Para rematar con xogos de repaso dos temas traballados durante o trimestre coa aplicación Kahoot.

As tablets chegaron á escola 2 - valoración


A nosa Valoración?
Levamos moitos anos oíndo falar dos "nativos dixitais", o currículo incide unha e outra vez na necesidade de usar as novas tecnoloxías para preparar aos nosos nenos para a sociedade na que vivimos: Búsqueda, selección, organización información na rede; Tratamento de textos; Acceso información científica na rede; Estratexias acceso e traballo na rede; Recursos novas tecnoloxías; … Pero, a realidade, moitas veces non nos acompaña.  Si, temos móbiles, tablets, pc´s, portátiles, …. Sin embargo, en moitas ocasións faise un mal uso destos dispositivos, non se acompaña con un mínimo mantemento, falta formación e información con respecto as posibilidades escolares, responsabilidade no uso, falta de acceso, …
O certo é que despois de facer unha pequena enquisa entre os alumnos e alumnas, comprobamos que eran menos da metade os nenos e nenas que podían tódolos días usar os seus equipos na casa (os que os tiñan). Deles, algúns, con dificultades, pois esos equipos non estaban en condicións: actualizacións, …
Pero, e os demais? Na casa non hai recursos tecnolóxicos, ou non orientados ao traballo escolar, no centro nin ordenador temos na aula, son mil traballos e mil dificultades para poder utilizar uns recursos que deberían facilitarnos a nosa labor docente.
Que dicir entón?
Foi unha experiencia altamente motivadora. Os nenos e nenas descubriron que as tablets non só sirven para xogar e aínda que non traballamos con apps concretas, si que fixemos un traballo exhaustivo ao redor das ciencias de forma moi lúdica.
Esperamos agora poder coñecer polo miudo algunhas desas apps tan interesantes das que falan os compañeiros nos seus artigos.


Moitas Grazas polo préstamo do material!
Moitas Grazas por compartir as vosas experiencias!
Un saúdo!


Amparo Otero Pastoriza
Ceip Santo Paio de Abaixo (Redondela)

19 de enero de 2017

ACI: Aprendizaxe Cooperativa Interactiva


MOTIVOS DE SOLICITUDE:
1.- Experimentar o uso de dispositivos móbiles como ferramentas de aprendizaxe en equipos de traballo cooperativo.
2.- Motivar ao meu alumnado na aprendizaxe dos contidos propios das áreas, obtendo unha maior implicación e rendemento académico.
3.- Atender á diversidade do meu alumnado co gallo de implicar a tod@s e, en especial, a aquel con Necesidades Específicas de Apoio Educativo.
PROCESO DE DESEÑO:
1.- Atopar unha aplicación/ferramenta na web que me servira para continuar a temporalización e secuenciación de contidos programada.
2.- Configurar os iPADS para aforrar tempos, descargando as aplicacións necesarias, introducindo claves de acceso, engadindo favoritos no Safari, etc.
3.- Publicar na aula virtual (Edmodo) os enlaces e as instrucións dos recursos a empregar, para que posteriormente poidan practicar na casa se poden e queren.
POSTA EN PRÁCTICA:
1.- Explicación das tarefas a realizar e aplicacións a empregar, facendo uso do meu iPAD conectado á PDI.
2.- Recollida, coidado e entrega dun iPAD por equipo, a cargo daquel/a alumn@ encargad@ do material nese momento.
3.- Valoración das tarefas realizadas a través dun IPAD (Plickers) para toda a aula ou un para cada equipo (Edmodo).
IMPRESIÓNS:
1.- Materiais: funcionamento óptimo dos iPADS, conexión á internet sen interrupcións, e grande utilidade do cable VGA para vincular tablet-PDI.
2.- Proceso de ensino-aprendizaxe: mellora das competencias clave, salientando a de Aprender a Aprender (comprobaron a potencialidade pedagóxica dun dispositivo móbil) e a de Sentido de Iniciativa e Espírito Emprendedor (pediron o seu uso na aula e practicaron na casa os que teñen tablet).

3.- Práctica docente e programación didáctica: o 1º que se motivou foi o mestre, que atopou unha vía altamente motivadora para o seu alumnado, nun final de trimestre onde a atención e as enerxías diminúen. Non se alterou en ningún momento a programación do 6º nivel e posibilitou continuar coas diferentes técnicas de aprendizaxe cooperativa.

Artigo realizado por Manuel Díaz Congil

Tablet xiratoria



CONTEXTUALIZACIÓN: CEIP Lope de Vega (Vigo), alumnado de 6º de Primaria.
APLICACIÓNS EMPREGADAS: Edmodo, Youtube, Diccionario (RAE), Dicionario (RAG), Kahoot e Plickers.
RELACIÓN CO CURRÍCULO:
1.- Desenvolvemento das 7 competencias clave.

2.- Contribución ó logro dos obxectivos de etapa:
b) Traballo individual e de equipo.
c) Resolución pacífica de conflitos.
e) Coñecemento e uso das Linguas.
g) Resolución de problemas matemáticos.
h) Coñecemento de aspectos das Ciencias.
i) Utilización das TIC.

3.- Traballo de contidos propios das áreas de Linguas, Matemáticas e Ciencias.

PROCESO DA ACTIVIDADE:

1.- Acceden a Edmodo, aula virtual do grupo, onde atopan os distintos recursos da sesión.








2.- Visualizan vídeos de Youtube para unha mellor comprensión dos contidos e o secretari@ fai os apuntamentos necesarios.






3.- Empregan os Dicionarios dixitais cando se precise ou requira.





4.- Avalían as súas aprendizaxes por equipos respondendo a preguntas a través de Kahoot.






5.- Avalían a práctica docente e o desenvolvemento das sesións con Plickers.






RESULTADO FINAL:
Cada un dos 5 grupos empregaron a súa tablet, que foi rotando entre os distintos encargad@s de equipo, en función da actividade/tarefa. Outros roles foron os de secretario, escribía cando era necesario; o moderador, que controlaba o timbre de voz e as quendas; e o de portavoz, que falaba para transmitir dúbidas ou dar as respostas.

Cada alumn@ desenvolveu cadansúa función dependendo da actividade, todas elas cun tempo determinado indicado cun cronómetro na PDI. O alumnado comprobou que todos os roles tiñan a súa importancia e que cada un podía aportar algo ao seu grupo (alumnado NEAE tamén).


                                                                                                            


ARTIGO REALIZADO POR: Manuel Díaz Congil