PRÉSTAMO
TABLETS CEIP A CANICOUVA.
ONDE E POR QUÉ :
Nunha reunión do equipo
TIC do CEIP A Canicouva, en Vigo, abordouse a posibilidade de solicitar
opréstamo de seis tablets do CEFORE de
Vigo. Na mesma xuntanza houbo interese
por parte de dous mestres, unha mestra de apoio de infantil e o mestre
do grupo de cuarto A de primaria.
As motivacións foron
diversas: A mestra de infantil entre as súas horas de apoio adicaba unha delas
ao traballo coas Tic´s con varios dos grupos. O traballo nos ordenadores do
colexio era bastante limitado polas condicións dos equipos (poucos, obsoletos,
dificultades de conexión,...). Sinalou a posibilidade de traballar a relidade
aumentada coma parte dos proxectos de aula que facian nese intre sobre os
animais.
O mestre de primaria
contemplou a posibilidade do uso de tablets en dúas direccións: unha como
elemento motivador e de aprendizaxe individual e outra como dinamizador dun
traballo en equipo.
PARA QUE:
A acción situouse dentro
da consecución de diferentes obxectivos:
- Desenvolver o pensamento lóxico e a capacidade creativa, aprendendo a disfrutar e respectar as creacións propias e alleas.
- Coñecer os aspectos fundamentais das ciencias naturais e sociais, xeografía, historia e cultura.
- Coñecer manifestacións do patrimonio local.
- Iniciarse nas TIC.
COMO E QUÉ:
Establecéronse días de
utilización alternos que tiveran en conta os diferentes horarios de ambolosdous
e condicións de uso.
O traballo en
infantil desenvolveuse da maneira seguinte:
Nas aulas de Educación
Infantil do CEIP Canicouva de Vigo, tivemos o privilexio de descubrir
divertidas e proveitosas aplicacións dos Ipad´s que nos prestaron dende o
CEFORE.
Algunhas destas aplicacións, como Zookazam, de realidade aumentada, permitíronnos achegarnos a moitos animais que estábamos a traballar na aula, co proxecto de animais en perigo de extinción. A partir desta app, e empregando unha plantilla, os nenos/as poideron descubrir en 3D, características fisiolóxicas dunha gran variedade de animais.
Outra app empregada, foi a de Tiny Tap, moi útil para reforzar conceptos loxico-matemáticos así como lectoescritura, esta aplicación deunos a posibilidade aos Mestres de crear xogos axeitados para levar a cabo nas diferentes idades.
En Cuarto de
primaria o traballo coas tablets foi en dúas direccións:
En primeiro lugar abriuse
unha conta na aplicación de Smartick que permitiu o uso gratuito durante quince
días, nos cales cada alumno tiña o seu usuario e seguiu a súa ruta de
aprendizaxe individual. Esta aplicación fai unha primeira valoración dos
coñecementos de matemáticas que ten o usuario e logo deseña un plan
individualizado de traballo, con unha interfaz de xogo, con niveis e pantallas.
Unha vez feita a primeira
valoración, en quendas de cinco usouse a tablet diariamente durante os quince
días de proba por períodos de dez minutos cada neno/a.
Aparte deste uso regular e
diario, durante o mesmo período, ofreceuse a posibilidade de uso e traballo na
aplicación aos nenos/as que ían rematando as súas tarefas noutros momentos da
mañá. Procurouse que todos tiveran acceso aos equipos da mesma maneira.
Ademais, o equipo de
biblioteca propuxo un traballo de coñecemento de diferentes zonas de Vigo, coa
intención que fora o “leiv motiv” á celebración do Entroido do colexio de maneira
conxunta. O noso nivel escolleu o Casco Vello e a Reconquista, evento que ía
ter lugar logo do Entroido na cidade.
Con ese motivo se lle
propuxo aos nenos e nenas un proxecto sobre a Reconquista de Vigo. Este
traballo consistiría na busca de información sobre a historia deste episodio na
cidade. Por equipos buscaron documentación e fotos, músicas e vídeos sobre a
festa para elaborar un guión. Para este traballo dispuxeron dunha tablet por
equipo, debían buscar o material necesario, baixalo, gardalo nunha carpeta de
equipo e logo, entre todos redactar un guión.
A tarefa final consistiu
na gravación coa aplicación iMovie dun vídeo para, primeiro, proxectar
na clase onde deberiamos calificar todos e todas de 1 a 4 puntos; logo,os dous
máis valorados, proxectalos ao outro grupo de cuarto de primaria e aos niveis
de terceiro e quinto.
VALORACIÓN:
A valoración é positiva polo que supuxo de
motivación para o traballo dos nenos e nenas, tanto en infantil coma en primaria.
O uso de este tipo de aparellos sempre é ben recibido e motivante para o
alumnado.
Aporta coñecemento en
tecnoloxías actuais polo que neste aspecto sentímonos satisfeitos.
Nos resultados e
producións obtidas, a valoración por parte da mestra de infantil é positiva,
tamén, xa que o uso e rendemento acadado é satisfactorio.
No relativo a primaria, os
resultados foron variables, con vídeos producidos de alta calificación e outros
con pouco traballo e unha produción moi simple.
Neste senso, sería preciso
o uso durante máis tempo para poder sacarlle máis partido as diferentes
aplicacións.
Como consideración xeral,
sempre é motivante o uso deste tipo de equipos, permite un ensino mais
individualizado, máis autónomo e axeitado aos diferentes ritmos de aprendizaxe.
Quizais coma proposta de
mellora que se recordase aos usuarios a necesidade de uso de estes aparellos de
maneira responsable, non creo que sexan para usos persoais de redes sociais,
correo electrónico privado e non se
deberían instalar aplicacións sen reflexionar o seu aproveitamento e a súa
necesidade. A limpeza de arquivos antes da entrega no CEFORE sería tamén
oportuna, segundo o noso punto de vista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario