Mostrando entradas con la etiqueta El cuerpo humano. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta El cuerpo humano. Mostrar todas las entradas

23 de marzo de 2017

TABLETS TAMÉN NA EDUCACIÓN FÍSICA


Nesta segunda oportunidade para dispor das tablets nas nosas aulas, pensamos que sería interesante ampliar o seu uso ás clases de educación física.

Centro: Ceip Santo Paio de Abaixo
Mestra: Amparo Otero Pastoriza
Grupos discentes: 3º ciclo de Educación Primaria (5º e 6º cursos)
Áreas:
-Ciencias (8 h en total).
-Educación física (4 h en total) 
(Nun periodo de 15 días)
Competencias clave:
-Ciencias: Competencia en Ciencia e Tecnoloxía, C. en C. Lingüística, C. Dixital e C. aprender a aprender.
-Educación Física: C. en Ciencia e Tecnoloxía, C. Dixital, C. Aprender a aprender, C. Social e Cívica.
Apps Utilizadas:
-Ciencias: Geoios, El cuerpo humano, Bones 3D, muscles 3D, Dino Science CC, Google Earth, Scratch Jr, Imovie, Stop motion Studio.



-Educación Física: Hudl technique, Coach base, Coach note.
(Todas baixadas de "App store" de forma gratuita)

Proceso Actividade:

Ciencias:
Planificamos o uso das tablets, como unha ferramenta máis a utilizar, en base aos contidos a tratar dentro do momento concreto da programación anual da asignatura, "Saúde e enfermidades" en Ciencias da Natureza. Aproveitando a súa presenza na aula,  serviunos tamén para repaso dalgúns outros contidos (corpo humano, xeografía, robótica, …).
Tentamos que os rapaces utilizaran a tableta como soporte de aprendizaxe, combinándoa cos recursos tradicionais, dando a posibilidade de que deran renda solta á súa creatividade ao mesmo tempo que traballaban de forma colaborativa.

Organización nos 15 días:
-Traballo colaborativo por equipos: Dentro do tema "Saúde e enfermidades":
1.    Elaboración traballo escrito
2.    Elaboración campaña prevención enfermedades (formato vídeo)
3.    Presentación oral do traballo realizado

-Repaso contidos: En función da organización da sesión, 1 ou 2 días á semana 10 minutos finais, repaso  con xogos en tablet ou ordenador.

-Recunchos: 1 día á semana e nun tempo aproximado de 30 minutos, organizamos a aula en recunchos de aprendizaxe, onde en estos días, aproveitando a presenza das tablets, engadímolas como recurso, ampliando a sección de robótica e linguaxe computacional con Scratch.

Educación Física:
Parecíanos interesante, sobre todo no 3º ciclo poder ver e analizar "in situ", os nosos movementos.
Para eso escollemos dentro do bloque de Habilidades Motrices, a Unidade:  "Xiros, Equilibrios e Acrosport", que nos permitía un traballo de análise técnico importante.
Nestas catro sesións levamos a cabo un traballo en pequeno grupo onde fomos seguindo unha progresión de exercicios de xiro e equilibrio, para continuar cunha pequena introdución áo Acrosport, que nos permitira como traballo final, elaborar unha "Coreografía" neste deporte.

O alumnado dentro destos pequenos grupos: Gravou, viu en imaxe fixa e vídeo, observou as dificultades técnicas e as súas posibles melloras na execución dos distintos exercicios, facendo as oportunas correccións no programa de análise técnico.

O resultado dalgunhas destas actividades estará online no noso blog de Ciencia:
O NOSO RECUNCHO DA CIENCIA