Este curso escolar iniciamos o Club de Ciencia no CEIP de
Barrantes para o alumnado de 3º a 6º e moitas das mestras e
mestres implicáronse nas actividades que dende o club propuemos.
As nosas experiencias buscan despertar, iniciar o espíritu
científico do alumado e que sexan capaces de aplicar con “rigor”
o método científico.
Unha das actividades que maior éxito tivo foi a que propusemos co
título :
“ De BARRANTES A
ORIÓN-Un paseo espacial”.
ANTRECEDENTES:
Por que ESERO?
-
Descubrimento de ESERO Spain : É a Oficina de Educación e Recursos Espaciais (European Space Education Resource Office) da Axencia Espacial Europea (ESA) en España. Coordinada dende o Parque das Ciencias de Granada e articulada mediante a colaboración activa de cada comunidade autónoma, ten como obxectivo utilizar o contexto do espazo para fomentar as vocacións CTIM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) proporcionando recursos a toda a comunidade educativa de Primaria e Secundaria, seguindo as directrices establecidas por ESA Education..O material está a disposición nos CFRs correspondentes.
MOTIVACIÓN:
- Pouco costou motivar ó profesorado e ó alumnado para poñer máns a obra e traballar de xeito pautado as diversas actividades que o KIT de ESERO presenta de xeito moi organizado.
Polo tanto invitamos ó alumnado a axudar ós
enxeñeiros e enxeñeiras da ESA ( European Space Agency) a elixir o
mellor material para construír unha astronave. Contamos cun “Kit
de materiais de astronaves, composto por oito materiais diferentes
que deberían investigar de forma experimental.
EXPERIMENTACIÓN.
Material especial no espacio?
A experiencia baséase nun conxunto de cinco
actividades onde
o alumnado estudará e analizará oito materiais distintos entre os
que atopará metais e non metais. Cada un deles será un cubo de 2 cm
× 2 cm × 2 cm feito dun destes materiais: madeira, pedra, aluminio,
cobre, poliestireno, plástico e as aliaxes latón e aceiro
A través
destas actividades, o alumnado poderá levar
a cabo experimentos, tomar medidas, rexistrar datos e presentar os
seus resultados.
Esto
permite familiarizarse coas súas
propiedades, comparalos e agrupalos
en base a criterios sinxelos, para despois realizarlles probas que
determinen a súa condutividade
eléctrica e térmica,
a súa masa,
as súas propiedades magnéticas e a
resistencia que ofrecen ós
impactos.
Os cinco grupos de actividades repartense da seguinte maneira:
-
Mirar e tocar.
-
Conductividade eléctrica.
-
Conductividade térmica.
-
Medir a a masa.
-
Magnetismo.
-
Proba de impactos.
RECURSOS:
-
Kit/maletín de Esero co material necesario e recollido no CFR
-
TABLETS: Para visualizar videos do espacio, páxinas de interés, toma de datos e rexistro, cáculos matemáticos…
-
Material funxible para facer rexistros manuais
-
Outro materia de ampliación: cables, bombillas, material para experimentar (gomas, pidreas, pinzas…)
POSTA EN COMÚN
Posteriormente valoramos que materiais
pareceunos os máis axeitados para construír as diferentes partes
das naves espaciais. E cada quen propuso de forma razoada cal destes
materiais era o máis
axeitado para as distintas partes dunha nave espacial.
ONCLUSIÓN:
Quero ser Enxeñeira/enxeñeiro!!!!
Decantarse pola actividade que máis aceptación tivo é complicado
pois todas foron moi ben aceptadas e todas foron moi interesantes.
Quizás a máis chamativa pola súa montaxe foi a proba de impacto
pero tamen gustounos a da conductividade térmica e tamen os
circuitos e tamén….!!!