Desde
o CEIP Fonte Escura queremos agradecerlle ao CFR o préstamo das
tablets. Foi algo realmente bo para nós, debido a tipoloxía do noso
centro, un centro pequeno cun orzamento non moi alto e preferente de
alumnos motóricos e TEA. O noso profesorado, composto principalmente
por mestres de apoio, tanto de Pedagoxía Terapéutica como Audición
e linguaxe, víronse beneficiados deste marabilloso recurso para
desenvolver a súa labor
Gracias
ás tablets, puidemos desenvolver moitos dos obxectivos
propostos na programación do noso centro como a familiarización do
alumnado coas novas tecnoloxías, o uso de internet como unha
ferramenta educativa e a utilización da motivación e o interese que
esperta o emprego de medios audiovisuais para consolidar os
aprendizaxes, especialmente no alumnado NEAE.
Algunhas
das actividades
que se puideron levar a cabo, foron a atención directa aos alumnos
mediante Apps como “Sígueme”, “Soy visual”, “Leo con
Lula”, etc, a creación de fotos e vídeos, e outras máis
orixinais como a busca da “Pomba Mari Paz” a través de pistas
que tiñan que ser lidas coas tablets mediante códigos QR, colorear
aos protagonistas dunha representación teatral que se fixo no centro
cunha aplicación da Tablet, ou ben a comunicación coa nosa mascota
da Biblioteca, “Bunti”, que sempre fala cos nosos alumnos/as a
través dunha aplicación da Tablet na que a súa imaxe pode falar
como se movese os beizos.
Esperamos
seguir contando coa vosa colaboración nos vindeiros cursos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario