EXPERIMENTANDO CON ROBOTS
As
distintas actividades realizadas cos robots foron levadas a cabo no CEIP de
LAREDO no ciclo de Infantil, nas aulas de 3, 4 e 5 anos.
OBXECTIVOS CURRICULARES:
- Achegarse, na medida das súas posibilidades, ao uso da
tecnoloxías da información e da comunicación.
- Expresarse e cominicarse utilizando a linguaxe da
programación.
- Achegarse ao coñecemento da aplicación a través do móbil
para programar os robots.
CONTIDOS CURRICULARES:
identificación da utilidade dos robots como ferramenta de
comunicación, exploración e investigación.
Coñecemento, coidado e uso das múltiples posibilidades das
ferramentas teconoñoxicas (robot e app).
Achegamento ao uso do móbil para a elaboración de producións
a través da app para programar os robots.
COMPETENCIAS CLAVES:
- Competencia dixital.
- Competencia aprender para aprender.
- Sentido da iniciativa e espíritu emprendedor.
MATERIAL EMPREGADO
Robots
(Zowi, Ozobot), móbil e material funxible (papel, rotuladores...).
PROCESO DA ACTIVIDADE
Os robots
estiveron nas tres aulas de Infantil (3, 4 e 5 anos). En cada clase se fixeron
diferentes actividades adaptadas ao nivel e integradas nas rutinas da aula e
nos contidos que se estaban a traballar nese momento.
CREACIÓN REALIZADA
Zowi:
Actividades propostas:
Comezamos presentando ao Zowi xa que é o robot máis coñecido
polos nenos/as xa qoe o coñecían por saír nunha canle de programación
infantil.Partimos da manipulación directa cos botóns que presenta este
dispositivo como son a de baile na que
imitaron os movementos ; a de movementos de obstáculos creando obstáculos con
seu corpo ou elementos da clase ; e de
sensor de sons diciendo os nomes dos
nenos/a da clase.
Nas seguintes sesións utilizamos a aplicación na
que adiviñamos os movementos, puxemos diferentes caras e fixemos circuitos.
"Xogamos aos bolos": cada bolo ten un número,
tiramos o dado e debemos guiar a zowi ata tirar o bolo correspondente.
Fixeron camiños con distintos materias de construcción da
clase e o dirixiron esquivando obstáculos.
SEGUELIÑAS:
Tiñamos ganas de poder probar un robot segueliñas do tamaño que presenta Ozobot , xa que nos permite traballar en papel tamaño A4 e A3 moi cómodo para traballar por equipos de 4 nenas/os.
Actividades propostas:
Primeiro experimentamos co ozobot e puxémolo a funcionar no circuíto que traía.
Co gallo das letras galegas, fixemos prescorridos en laberintos relacionados coa vida da autora homenaxeada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario