É
inevitable e por suposto incongruente ignorar a influencia das TIC no
noso día a día. Xa hai algún tempo que camiñamos a paso lixeiro
pola era dixital e en materia educativa é evidente que ese necesario
cambio xa está en marcha.

A
nosa vida está dominada pola dixitalización, entón, por qué nos
resistimos a aceptar que os nosos peques xa non vivirán xamais de
maneira analóxica?
Hai
xa algún tempo aliñáronse os astros para facer coincidir nun mesmo
centro educativo a Nuria Garabal, Marta Álvarez e Nuria Feijóo;
recentemente outro capricho do destino (tamén coñecido como CADP ou
CXT) quixo que Vanessa Táboas formase parte deste equipo que
comparte inquedanzas, tolemias, fame de coñecemento, ansiedade polo
cambio... e 4 iPads como ferramenta didáctica.
Todas
coincidimos no instinto dixital e grazas a que nos enfrascamos nunha
espiral de cultura de colaboración en moi pouco tempo vímonos
inmersas en longas conversacións e WhatsApps (como non?) sobre apps
de todo tipo nas que fedellamos día a día sen cesar nas nosas
aulas.
Que por qué? porque todos somos conscientes de que a nosa
escola debe avanzar ao mesmo ritmo que o fai a nosa sociedade. Que
estes dispositivos conseguen chegar onde ás veces os mestres non
somos capaces, porque as pantallas retroilumoinadas entre as súas
pequenas mans emanan MAXIA... e cando a maxia ten lugar ante os ollos
dun neno, a mente e o corazón ábrense e xa nada volve ser igual.
Traballamos
cada día con dispositivos persoais do profesorado que brindamos ao
noso alumnado porque nós cremos nesa maxia. Oxalá contásemos co
apoio da administración como xa ocorre nalgunha outra comunidade
autónoma para que nos brindasen os medios económicos necesarios e
seguir xogando ao "abracadabra" da aprendizaxe.
Mentres
tanto... seguiremos argallando.