Ola. Son profesor de primaria no Ceip Plurilingüe Sobreira Valadares e estou empregando unha tablet como ferramenta de comunicación na clase e entre os rapaces. A miña escola está localizado no medio rural da cidade de Vigo pero cerca tamén do campus da Universidade de Vigo.
Empreguei tres tablets na miña titoría de nivel 5 básicamente como ferramenta de comunicación e tamén na clase de cidadanía de nivel 6 como medio de cohesión social e expresión de sentimentes e valores cidadáns.
Proxecto 1: emprego de i-movie para contar historias sinxelas
Os estudantes poden contar as súas propias historias ou outras de contos populares ou libros infantiles. Os rapaces empregarán as fotos das ilustracións dos libros ou fotos reais da vida cotidiana para apoiar a historia contada mentras unha música pódese escoitar de fondo para crear atención e ambiente.
1) I-MOVIE by IPAD
Os estudantes poden volver contar a historia á súa maneira empregando o I-MOVIE de IPAD e o PUPPET SHOW.
Os estudantes poden facer os seus propios trailers co I-MOVIE do IPAD e as fotos que sacaron das ilustracións dos libros e contos. Aquí podemos ver un bo exemplo da historia de Eric Carle's sobre unha eiruga moi larpeira e con consecuencias.
2) Unha historia silenciosa empregando PUPPET SHOW
Empregamos esta aplicación de IPAD como un recurso máis para que os nosos alumnos puidesen describir e contar algo sen un guión previo e desenrolar a imaxinación.
3) Noticieiro sobre o conto
Un recurso interesante ademais do trailer antes do conto pode ser o uso de TELL-A-GAMMY de IPAD como unha boa maneira de introducir o conto aos rapaces e rapazas e este é o resultado.
Durante o presente curso, impartíronse no noso centro distintas sesións de formación relacionadas coas TIC, entre elas, varias adicadas ao manexo das tablets e as súas posibles aplicacións na aula. A profesora poñente, coñecedora do traballo que viñamos realizando nos cursos anteriores, instounos a solicitar o material que o CFR pon a disposición do profesorado.
O proceso de deseño da actividade non variou demasiado respecto ao posto en práctica nos últimos anos, agás pola necesidade do profesor de familiarizarse previamente co manexo das propias tablets e das aplicacións que ían ser empregadas polos alumnos.
Na posta en práctica da actividade destacaríamos as vantaxes sobre os inconvintes. Entre estas sinalaríamos:
Esta actividade realizárona os alumnos de Educación Plástica e Visual de 4º curso da ESO do IES Pino Manso de O Porriño.
Enmarcouse dentro do desenvolvemento habitual da programación da citada materia. Esta técnica – a do Stop-Motion- ven, de feito, recollida na Unidade Didáctica " A linguaxe audiovisual" dentro do apartado adicado á animación e, como tal, ven sendo traballada polo noso departamento dende hai varios anos, sen contar, iso sí, cos medios técnicos ( 6 tablets) que neste curso o CFR puxo á nosa disposición.
A razón de que propoñamos a súa utilización ao noso alumnado é a de que permite traballar moitas competencias básicas. Entre elas, destacaríamos a Artística e a Dixital , por razóns obvias, pero tamén a Social e Ciudadá, por canto esta é unha actividade que deseñamos para ser traballada en grupo, algo que plantexa aos alumnos a necesidade da cooperación activa e da capacidade de chegar a acordos.
A principal aplicación utilizada para realizar o traballo foi "istopmotion", se ben nalgúns casos, se completou a edición do video con outras ferramentas como "imovie".
O proceso seguido pode resumirse nestes seis pasos:
Presentación/prantexamento do traballo: visualización de exemplos de stop-motions seleccionados da rede e de traballos do alumnado de cursos anteriores. Presentación da rúbrica adxunta na que se especifican os aspectos que se van valorar ao largo de todo o proceso ( 1 sesión).
CATEGORIAS
VALOR
(2,5 puntos)
(5 puntos)
(7,5 puntos)
(10 puntos)
PUNT
Traballo en equipo
10
Ningún membro do equipo se esforzou en traballar a idea. Parte do equipo non tivo claro nunca cal era a idea final. O traballo non se repartiu equitativamente.
Casi todo o equipo contribuiu e escoitou as ideas dos demáis, pero non todos tiveron clara a idea final. Non todos os membros do equipo traballaron por igual no proxecto.
A maioría do equipo contribuiu aportando ideas e escoitando as dos demáis, e traballou no proxecto, ainda que algúns membros non tiñan claro cal era a súa función.
Todos os membros do equipo aportaron ideas e escoitaron as dos demais. Todos traballaron por igual e tiveron claro en todo momento cal era a súa función dentro do equipo.
Preparación/
materiais
10
Moitos días non había equipo (decorado, cámara, persoaxes...) nin un posible plan B para sair do paso. A culpa era sempre do alumno ausente.
Algúns días non había ou decorado, ou cámara, ou persoaxes, nin tampouco un posible plan B.
En xeral, non houbo problemas co equipo, pero cando xurdiu algún problema non había plan B.
Todo o equipo estaba localizado todos os días e calquera problema era solucionado rapidamente.
Guión/
historia
10
O equipo non tiña claro o guión antes de comenzar a gravación. A historia que se conta é improvisada e falta de creatividade.
Houbo un guión previo, pero con ideas moi vagas e pouco definidas, o que provocou que se deixase moito a improvisación. A historia aparece, así, pouco coherente e desconexa.
Ainda que había un guión que foi máis ou menos respectado na gravación, o resultado narrativo non é demasiado orixinal e creativo, senón demasiado parecido aos traballos xa vistos noutros grupos ou cursos.
Houbo un guión claro,creativo e orixinal dende o principio. Se houbo cambios foron os pertinentes para mellorar o resultado final.
Montaxe
10
As imaxes non foron correctamente montadas. Faltan tamén elementos de montaxe como os títulos de inicio, de crédito, ou a banda sonora.
As imaxes montáronse con criterio cronolóxico, pero faltou eliminar algunhas sobrantes.Faltan tamén elementos de montaxe como os títulos de inicio, de crédito, ou a banda sonora.
As imaxes montáronse con criterio cronolóxico, pero faltou eliminar algunhas sobrantes.Os títulos e a banda sonora están ben inseridos, pero non acompañan demasiado ben á historia.
As imaxes montáronse con criterio cronolóxico, eliminando as repeticións e as defectuosas. Os títulos de inicio, de crédito, e a banda sonora resultan atractivos e axeitados á historia.
Formación de grupos ( de 3 a 5 alumnos) e asignación de roles ( director de guión, de escenografía, da creación de personaxes, de gravación e de montaxe). Recórdaselles aos alumnos que a puntuación do traballo vai ser a mesma para todo o grupo polo que é de vital importancia formar un bo equipo que colabore en todas as fases do proceso ( 1 sesión)
Escritura do guión: prantéxase facer unha pequena animación de entre 1 e 2 minutos. Insístese na idea de non tratar de facer unha historia demasiado complexa ou na que sucedan demasiadas cousas. O guión, así, non ten por qué ir máis alá dunha breve sinopse argumental e dunha sucinta descrición do escenario e dos personaxes.( 1 sesión)
Creación de escenario e personaxes: ainda que se lles dá liberdade aos grupos para elixir as técnicas e materiais a utilizar, amósanselles as solucións máis exitosas nos anteriores cursos: pequenos escenarios de cartón, personaxes de plastilina ou pequenos monecos tipo Lego, mobiliario e atrezzo de xoguetes infantís, etc.( 3 sesións)
Durante a semana destinada a este punto do proceso o profesor adicouse a experimentar coas tablets recibidas e as aplicacións xa citadas. Cos pequenos videos gravados e xunto cun membro de cada grupo ( o director de gravación e/ ou edición) procedeuse na última sesión á montaxe final ( son, títulos, velocidades de reprodución, etc). Esta pequena selección de alumnos puido así comprender e aprender de forma práctica o funcionamento básico das apps para posteriormente explicarllo ao resto do seu grupo. O seguinte enlace é un pequeno exemplo dun deses videos de creación compartida profesor/alumnos
Gravación/ toma de imaxes: partimos da idea dunha ratio inicial de 10 fotos / segundo. É decir, 600 fotogramas para completar o minuto establecido como mínimo. Os alumnos vanse turnando para tomar as fotografias e mover as personaxes ( 3/4 sesións).
Edición/ montaxe: a medida que os grupos van finalizando a toma de imaxes comenzamos coa súa edición ( probas con distintas velocidades de reprodución, inserción da banda sonora e/ ou efectos especiais, deseño do título inicial, dos títulos de crédito, etc.). Algúns grupos utilizan o imovie, outros envíanse o video por e-mail e o editan con programas informáticos como Movie Maker. ( 2/3 sesións)
Como mostra dos traballos realizados achegamos un exemplo de cada un dos grupos ( 4º A/ D, 4º B/C) nos que desenvolvemos a actividade.
Este é o segundo ano que participo en cursos do CEFORE de Vigo, relacionado con ferramentas colaborativas na aula. Aquí tiven o meu primeiro contacto coas tablets e os seus usos na aula.
Fai tempo que levo buscando un camiño novo para aplicar na clase, algo que sexa motivante, cercano os nosos alumnos, pero que o mesmo tempo faga que aprendan. O uso das tablets parecía que podía cumprir con estas expectativas. Necesitaba probar na aula o que aprendera nos cursos feitos.
O saber que o CEFORE ofrecía o préstamo das tablets, para poder traballar na aula, vin a luz para iniciar esta aventura.
O primeiro foi facerme eu cunha tablet propia para coñecer máis profundamente o seu uso. Logo pensei en actividades que quería facer cos alumnos/-as e que aplicacións dos cursos do CEFORE me podían valer.
Por último solicitar o préstamo das tablets e comezar así esta aventura.
Durante todo o fin de semana programei as tarefas que lles ía a propoñer e as actividades que debían facer para realizalas . Algunhas das tarefas eran crear vídeos de:
presentación dos equipos
dunha historia no patio
dun poema elaborado por todo o equipo
con problemas inventados, da recollida de información dun cadro
cunha norma ortográfica
dos sentimentos
e outros que non foron posibles realizar por falta de tempo.
O luns pola tarde recollo as tablets e atópome co primeiro inconveniente. Supoñía que as tablets tiñan descargadas as aplicacións que se usaran nos cursos para profesores, pero non tiñan ningunha aplicación. Así que necesito poñer apunto 6 tablets coas aplicacións que pensaba usar esa noite, para telas preparadas para o día seguinte, xa que quería empezar a traballar con elas porque o tempo corría na miña contra e tiñamos que devolvelas.
Pero tampouco contaba co problema de telefónica, internet vai mal e o día seguinte algunhas aplicacións, que quería usar, non conseguiran descargarse completamente. Así que teño que modificar a orde dos traballos programados.
Comezamos realizando actividades de diferentes tarefas, como lles dicía a eles "Estamos preparando os ingredientes para logo facer un bo plato".
O terceiro e derradeiro inconveniente era que todos os traballos que ían facendo, debían envialos o blog da clase. Pero as tablets non lles permitían facelo. En tódolos equipos aparecían problemas e era unha locura. Púxeme en contacto coa asesora do CEFORE e díxome a solución. As tablets tampouco tiñan unha conta de correo asociada e polo tanto había que creala para que puideran facelo. Así que o primeiro día foi desesperante. Esa tarde noite preparei de novo todos os dispositivos para ver se por fin conseguía que todo funcionase.
O seguinte día todo cambiou, coas tablets postas case a punto (xa que algunhas aplicacións aínda non se descargaran completamente) todo volvía a normalidade.
Así que a partir de aquí chegan todas as miñas sorpresas:
A primeira ver a facilidade con que os nenos aprenden o funcionamento de calquera aplicación. Ata as que en principio poden parecer non tan sinxelas, como imovie que pensei que lles costaría usala, pero encantoulles.
A segunda é ver, como todos estes días, sempre estaban motivados ante calquera actividade proposta. Pola mañá cando chegaban dicían "Ola profe, que sorpresa nos tes preparada hoxe". Para eles a sorpresa era coñecer o funcionamento das apps e conseguir crear cousas propias con elas.
A terceira ver como a maioría son capaces de recoller información por eles mesmos para realizar un traballo.
A cuarta ver que as tablets é un bo sistema para poder facer traballos en equipo.
A quinta que o que máis lles gusta e elaborar proxectos de vídeos.
Por último, ver como aprendían a traballar en grupo, cumprindo as normas establecidas previamente (isto foi o máis difícil).
Como unha imaxe vale máis que mil palabras, deixo unha mostra do proceso realizado polos seis equipos durante a primeira semana de traballo coas tablets neste curso de 3º de E.P.
Esta actividade realizouse cos alumnos de 3º de E.P. do colexio "Casa de la Virgen de Cangas".
O primeiro foi organizar os equipos de traballo. Distribuín a clase en 6 equipos, cinco de 4 e un de 5. Procurei que en cada equipo houbera alumnos con diferentes capacidades. Expliqueilles que cada membro do equipo ía ter unha función e estas tiñan que rotarse cada día. Estas eran as funcións:
Responsable ou secretario
Coordinador das Actividades
Encargado do silencio e da quenda de palabra
Encargado do material e da Orden do grupo
controlador do tempo e animador (estas dúas últimas se o equipo era de 4 o realizaba a mesma persoa).
Esta primeira tarefa coas tablets tiña como fin intentar cohexionar cada grupo.
As competencias traballadas con esta tarefa foron:
Competencia Social e cívica ( Xa que teñen que traballar en grupo, respectar os seus compañeiros ,poñerse dacordo, cumprir cunhas normas e axudarse )
Competencia Dixital (xa que incorporan o uso das apps para elaborar os seus traballos )
Comunicación Lingüística (Teñen que expresarse oralmente para indicar os seus gustos e expresar as súas ideas o grupo)
Conciencia e Expresións culturais (xa que teñen que colorear a súa propia fotografía e montar o proxecto)
Sentido de Iniciativa e espírito emprendedor (xa que teñen que decidir como vai a ser o seu proxecto,que efectos van a incluir, tomar decisións propias)
Aprender a aprender (xa que deben escoitar as explicacións das apps e logo aprender o seu uso e ensinarllo os demais)
Competencia Matemática ( xa que deben calcular canto tempo debe aparecer unha foto no proxecto, axustar o son as imaxes, etc)
As actividades propostas para realizar esta tarefa foron:
1.-Cada membro do equipo debía pensar un nome para o seu grupo e escribilo nun folio.
2.-Debían elaborar con imagechef unha nube de ideas con todos os nomes propostos e decidir con cal se quedarían. Este traballo debían gardalo na tablet e envialo o blog da clase.
É gratuita.
3.-Co nome elixido debían elaborar unha portada para o vídeo de presentación do grupo. Para facela debían usar typic kids onde farían un selfie do grupo.
É de pago.
4.-Cada un deles debía sacarlle unha foto a outro compañeiro, gravalo presentándose e dicindo os seus gustos.
5.-Pedirlle o representante doutro equipo que lles sacara unha foto de equipo para facer un cómic con Capdislite. Cada membro logo tiña que incluírse un bocadillo de falar ou de pensar. O responsable do equipo debía gardalo e envialo o blog da clase.
Hai unha versión gratuíta con efectos limitados e outra de pago. Fácil de usar.
6.-Sacarlle unha foto coa aplicación ComicBook ao seu compañeiro para que logo este a importara a BAMBOO onde a podían colorear, escribir como se sentía, gardala e enviala ao blog.
6.-Unha vez preparados os ingredientes, debían facer un proxecto en imovie .
É de pago pero os novos ipad a traen incluída.
O proxecto debía comezar coa portada do nome do equipo, seguida da nube de ideas, as fotos e gravacións de cada membro e os cómics de equipo e individuais. Era responsabilidade de cada membro do equipo de incluír as súas imaxes, vídeos, cómics e efectos. Así que todos debían participar nese proxecto de presentación do grupo. Rematarían o proxecto facendo unha contraportada cos seus nomes como autores.