A principios deste curso decidímonos a facer un seminario sobre o uso das tablets na aula para implementar o uso das novas tecnoloxías no noso centro. Comezamos en outubro e o principal problema que tivemos foi que non dispoñíamos de ningunha no centro, así que solicitamos no CEFORE o préstamo delas para poder usalas.
No seminario vimos varias aplicacións sinxelas de usar e prácticas para a clase. En xeral creo que foi unha actividade que gustou xa que moitas das aplicación que vimos como Chatterpix ( serve para simular que unha foto está a falar),Thinglink ( pódense poñer enlaces de voz e vídeo a unha foto) ou Toontastic ( pódese usar para facer contos interactivos xa que o alumno pónlle voz e movemento as personaxes) non se poderían levar a cabo do mesmo xeito. Nelas o alumno ademáis de crear un texto , ten que lelo e gravalo sendo moito máis interactivo que se o facemos de xeito tradicional. A única posibilidade de facer algo parecido coma Chatterpix, sería gravar aos nenos cunha careta para que parecese que falasen. O Thinglink sería imposible de facer xa que permíteche facer fotos interactivas e con enlaces e Toontastic sería algo parecido a facer un cómic pero sempre lle faltaría o movemento e a voz.
A todos os membros do seminario gustounos moito a súa acollida por parte do alumnado e tamén os resultados que acadamos. Alumnos que non soen participar nas clases estiveron moi motivados e traballaron a reo para poder facer un bo traballo, de feito, o resultado gustounos tanto que xa adquirimos un par de ipad para o seu uso no centro coma unha ferramenta máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario