“Camiñando entre plantas” e un dos proxecto desenvolvido nos
tres cursos de 1ºESO do IES Terra de Turonio, na materia de Bioloxía e Xeoloxía
este ano. O proxecto tiña como principal obxectivo acercar os nenos a biodiversidade
botánica da súa contorna e a toma de conciencia dos múltiples usos que teñen as
plantas que os rodean, sempre utilizando
o método científico e o pensamento científico.
O proxecto comezou facendo roteiros de
botánica con especialistas na materia, tanto un especialista en plantas
medicinais e comestibles como especialistas da Universidade de Vigo en plantas
invasoras. Máis tarde traballáronse as distintas plantas, en total
unhas 30 plantas, unha vez seleccionadas as plantas de estudio os nenos foron
buscando información das plantas a todos os niveis e utilizando sempre o nome
científico, buscaron información botánica, como información a nivel de
aplicación e usos de forma que os nenos conseguiron coñecer en profundidade
cada una das plantas todo isto traballando de forma cooperativa. Unha vez
obtida a información, é cando fan a súa aparición os ipad na aula e os nenos
teñen que facer un vídeo onde explican de forma, o máis clara posible, a
descrición da súa planta despois
utilizamos a aplicación hp reveal para
poder enlazar con a ficha da planta e a
propia planta, o vídeo en realidade aumentada. Todo este traballo foi exposto
na feira Expoturonio que tivo lugar no centro no mes de maio, nesta actividade
tamén se presentaron outros produtos finais do proxecto como o botiquín con
pomadas de Plantago para a dermatite, ou tinturas de Xeranio de San Roberto
para mellorar o sistema inmune; tamén se fixeron galletas con plantas invasoras
como a Tradescantia, e pósters onde
recolliamos todo o traballado e investigado durante o proxecto; tamén se fixo
un congreso de plantas invasoras no instituto onde viñeron profesores da
Universidade de Vigo; tamén se fixeron trípticos de divulgación de plantas
invasoras e folletos coas receitas das galletas, pomadas ect.. e se fixeron chapas e pegatinas para
promover o coidado da nosa diversidade botánica.
Como reflexión, teño que destacar o cambio
de actitude e interese dos nenos cando tiveron nas súas mans os Ipads e se deron conta que os seus vídeos ían ser
expostos e vistos polos seus pais, os seus familiares e outros visitantes da
Feira. Cando tiveron esta evidencia o seu traballo fíxose máis preciso e responsable, os equipos
comezaron a organizarse e repartir tarefas, esta vez en serio. Comezaron a
interiorizar a información e a facela propia, e apareceu a autoavaliación e a
coavaliación xa que todos tiñan un fin común moi interesante. Engadiría tamén,
o motivados que estaban no uso da aplicación de realidade aumentada xa que
moitos deles despois a descargaron nos seus móbiles e fixeron vídeos para uso
persoal e particular na súa casa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario