MOTIVOS DE SOLICITUDE:
1.- Experimentar o uso de dispositivos móbiles
como ferramentas de aprendizaxe en equipos de traballo cooperativo.
2.- Motivar ao meu alumnado na aprendizaxe dos
contidos propios das áreas, obtendo unha maior implicación e rendemento
académico.
3.- Atender á diversidade do meu alumnado co
gallo de implicar a tod@s e, en especial, a aquel con Necesidades Específicas
de Apoio Educativo.
PROCESO DE DESEÑO:
1.- Atopar unha aplicación/ferramenta na web que
me servira para continuar a temporalización e secuenciación de contidos
programada.
2.- Configurar os iPADS para aforrar tempos,
descargando as aplicacións necesarias, introducindo claves de acceso, engadindo
favoritos no Safari, etc.
3.- Publicar na aula virtual (Edmodo) os enlaces
e as instrucións dos recursos a empregar, para que posteriormente poidan
practicar na casa se poden e queren.
POSTA EN PRÁCTICA:
1.- Explicación das tarefas a realizar e
aplicacións a empregar, facendo uso do meu iPAD conectado á PDI.
2.- Recollida, coidado e entrega dun iPAD por
equipo, a cargo daquel/a alumn@ encargad@ do material nese momento.
3.- Valoración das tarefas realizadas a través
dun IPAD (Plickers) para toda a aula ou un para cada equipo (Edmodo).
IMPRESIÓNS:
1.- Materiais: funcionamento óptimo dos
iPADS, conexión á internet sen interrupcións, e grande utilidade do cable VGA
para vincular tablet-PDI.
2.- Proceso de ensino-aprendizaxe: mellora
das competencias clave, salientando a de Aprender
a Aprender (comprobaron a potencialidade pedagóxica dun dispositivo móbil)
e a de Sentido de Iniciativa e Espírito
Emprendedor (pediron o seu uso na aula e practicaron na casa os que teñen
tablet).
3.- Práctica docente e programación didáctica:
o 1º que se motivou foi o mestre, que atopou unha vía altamente motivadora para
o seu alumnado, nun final de trimestre onde a atención e as enerxías diminúen.
Non se alterou en ningún momento a programación do 6º nivel e posibilitou
continuar coas diferentes técnicas de aprendizaxe cooperativa.
Artigo realizado por Manuel Díaz Congil