O
motivo de facer esta actividade con dispositivos móbiles foi
claramente por unha cuestión de motivación do alumnado e de fomento
da competencia dixital. Os nen@s móstranse moi receptivos a calquera
actividade que se lles presente utilizando aplicacións dixitais, xa
que a parte de que lles gusta moito usar a tablet tamén son
sumamente intuitivos. Así é como, sin darse conta do traballo que
supón, apetécelles moitísimos buscar información sobre o seu
animal, facer un guión axeitado porque saben que logo se van a ver e
os van a ver no blogue da aula, e ensaiar o texto porque desexan
facelo ben. Tamén é importante destacar cómo o alumnado que
presenta necesidades educativas especiais ou que habitualmente lle
costa máis o seguimiento da clase se esforza na actividade (porque
lle gusta e motiva) e consigue participar como os demais compañeiros.
Por
último comentar que a posta en práctica e a impresión sobre todo o
proceso foi excelente, xa que non era a primeira vez que
traballábamos con tablets e pódese dicir que xa lles resultan
familiares, posto que moitos deles dispoñen de tablets nos seus
fogares. Simplemente se trata de que estes dispositivos sexan vistos
polos nen@s como unhos recursos máis e que cada vez o seu uso na
aula sexa máis regular.
Gloria
García Fernández, tutora de 3º EP no CEIP Canicouva