A
EEI Hernán Cortés sitúase no centro da cidade de Vigo e,
actualmente, conta cunha porcentaxe aproximada do 76% de familias de
orixe estranxeira. Ao non ter ratio completa ao longo do curso
recibimos constantemente novos compañeiros e compañeiras. A pesar
de que moitos xa son nacidos en España, os países de orixe das
familias condicionan a vida destes nenos e nenas, e iso reflíctese
directamente nas conversas, asembleas, intereses, etc. Esta situación
fai que moito alumnado, pola súa situación socioeconómica, non
teña acceso á rede ou a dispositivos fora do centro.
Cando
traballamos coa tablet na aula non hai mais que mirar a cara dos
nenos e nenas para xustificar a importancia que ten este tipo de
ferramentas nas escolas. Supón un recurso potentísimo para atraer a
atención e permite experimentar cousas imposibles noutros formatos.
Ademais, como docente resulta gratificante, xa que algúns contidos
vólvense mais atractivos. Para reproducir, para editar, para xogar,
para crear... Pero, sobre todo, para facer da educación en xeral e
da miña escola en particular unha plataforma para formar cidadáns
activos en igualdade de condicións independentemente das súa orixe
e situación social.