CONTEXTUALIZACIÓN: CEIP Lope de Vega (Vigo), alumnado de 6º de Primaria.
APLICACIÓNS EMPREGADAS: Edmodo, Youtube, Diccionario (RAE), Dicionario (RAG), Kahoot e Plickers.
RELACIÓN CO CURRÍCULO:
1.- Desenvolvemento das 7 competencias clave.
2.- Contribución ó logro dos obxectivos de etapa:
b) Traballo individual e de equipo.
c) Resolución pacífica de
conflitos.
e) Coñecemento e uso das Linguas.
g) Resolución de problemas matemáticos.
h) Coñecemento de aspectos das Ciencias.
i) Utilización das TIC.
3.- Traballo de contidos propios das áreas de Linguas, Matemáticas e
Ciencias.
PROCESO DA ACTIVIDADE:
1.- Acceden a Edmodo, aula
virtual do grupo, onde atopan os distintos recursos da sesión.
2.- Visualizan vídeos de Youtube para unha mellor comprensión dos
contidos e o secretari@ fai os apuntamentos necesarios.
3.- Empregan os Dicionarios
dixitais cando se precise ou requira.
4.- Avalían as súas aprendizaxes por
equipos respondendo a preguntas a través de Kahoot.
5.- Avalían a práctica docente e o
desenvolvemento das sesións con Plickers.
RESULTADO FINAL:
Cada un dos 5 grupos empregaron a súa tablet, que
foi rotando entre os distintos encargad@s de equipo, en función da
actividade/tarefa. Outros roles foron os de secretario, escribía cando
era necesario; o moderador, que controlaba o timbre de voz e as quendas;
e o de portavoz, que falaba para transmitir dúbidas ou dar as respostas.
Cada alumn@ desenvolveu cadansúa función
dependendo da actividade, todas elas cun tempo determinado indicado cun
cronómetro na PDI. O alumnado comprobou que todos os roles tiñan a súa
importancia e que cada un podía aportar algo ao seu grupo (alumnado NEAE
tamén).
No hay comentarios:
Publicar un comentario